Monday 29 de April de 2024

Cambre eleva á Mesa de Mobilidade da áera Metropolitana o anuncio da Xunta de comezar o enlace da Vía Artabra coa AP-9 sen contestar as alegacións e sen aprobar o proxecto constructivo


O pasado 19 de maio publicouse unha nova nun medio de comunicación que anunciaba o comezo das expropiacións dos terreos necesarios para executar o enlace da Vía Ártabra coa autoestrada AP-9 e que licitará as obras de construcción previsiblemente no mes de xullo. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou nos medios a licitación e expropiación inmediata destes terreos. Todo isto sen contestar ás alegacións formuladas contra a conexión na Gándara, e non en Catro Camiños, tal e como estaba previsto no Plan Sectorial.

Ante esta información o Concello de Cambre elevará esta situación, mañá xoves 24 de maio, á Mesa de Transportes e Mobilidade na que están integrados todos os municipios afectados e que considera o espazo supramunicipal axeitado para debatir este asunto.

O Concello entende que a Mesa de Mobilidade ten que debatir a necesidade de garantir, mediante informes concluíntes como o do Ministerio de Fomento, que a Vía Artabra na conexión N-VI – AP-9 será libre de peaxe. Tamén a necesidade de continuar a vía Ártabra ata a A-6, tal e como está previsto no Plan Sectorial do 2004 e como solicitaron os propios alcaldes en diversas ocasións. Asemade, esixir a constestación das alegacións formuladas contra a conexión na Gándara e pedir explicacións sobre a decisión da Xunta de anunciar a expropiación dos terreos e a aprobación do proxecto constructivo sen ter en conta as reclamacións sinaladas polos concellos.

A Vía Ártabra constitúe unha arteria de comunicación de vital importancia entre os concellos da bisbarra. Na actualidade a infraestrutura atópase inacabada o que supón un perxuízo para o desenrolo da área metropolitana coruñesa.

Os municipios afectados acordaron en máis dunha ocasión a continuidade do vial, polo menos entre a N-VI e AP-9 e libre de peaxe, aínda que a día de hoxe esta última reivindicación non está garantida pola Xunta de Galicia.

A este respecto debemos indicar que a Xunta de Galicia non respostou aínda as alegacións presentadas polo Concello de Cambre respecto ao entronque na Gándara. Neste senso, Cambre propuso cinco enlaces en Catro Camiños atendendo as propias determinacións do Plan Sectorial, que contemplaba completar o enlace en Catro Camiños (Cecebre) e libre de peaxe.

O actual proxecto contempla un custo de 24 millóns de euros e podería reducirse en 12 millóns de euros, segundo un informe dos enxeñeiros e arquitectos municipais, que expoñen que o nó na Gándara ten un custo de aproximadamente 12 millóns (8 millóns polo entroncamento ata A Gándara e 4 polos viarios adxacentes que se proxectan na actuación.